miércoles, 1 de abril de 2009

Representación Gallega en el Congreso Internacional

La representación gallega en el Congreso Internacional estará a cargo del Director de la Banda Sinfónica de la Federación Gallega de Bandas, Xosé Carlos Seráns; así como del coordinador general del evento, Carlos Diéguez.

Xosé Carlos Seráns hablará sobre "El Valor de la Banda de Música Popular como Patrimonio Cultural" y Carlos Diéguez impartirá una ponencia sobre "La Psicopedagogía del Maestro".


Xosé Carlos Seráns Olveira


Xosé Carlos Seráns Olveira, nace en Riveira (A Coruña), aínda que a súa vida persoal desenvólvese en Xuño, Porto do Son (A Coruña). Comenza a súa andadura musical ós 11 anos na Banda de Música de Caamaño da man do mestre Francisco Olveira Santos, froito da afición á música de seu pai, bateria nunha orquestra de baile chamada Los Saga.
Aos 20 anos pasa a formar parte do Corpo de Bandas de Música da Armada, destinado na Banda de Música do Tercio Norte de Ferrol, onde toma contacto cos mestres Raúl Galán Cerveró e Francisco Jordá Biosca. En 1987 gaña por oposición libre a praza de tuba na Banda de Música Municipal de Santiago de Compostela, praza que ocupa na actualidade, compatibilizando tamén as funcións de xerente da mesma desde o ano 2000.

Persoa comprometida coa música en Galiza é impulsor dos seguíntes proxectos:
1988 - Escola de Música Municipal de Catoira
1989 - Grupo de Metales de Santiago e Banda de Música de Catoira
1993 - Cuarteto de Tubas Euphonium
1994 - Banda Sinfónica de Galicia
1995 - Grupo de Metais de Galicia
1997 - Solfa, Asociación Cultural-Musical
1998 – Coral Solfa das Fontiñas (Santiago)
2000 - Banda Filharmónica de Galicia
2002 - Escola Municipal de Música de Santiago
2004 - Escola Municipal de Música de Ames, Gallaecia Orquestra e A Nosa Clave
2005 - Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares
2007 - 2008 - Musigalizando, campamento musical

Foi invitado pola Joven Orquestra Nacional de España (JONDE) para asistir ó I Curso de Tuba celebrado en Santiago en xullo de 1990 impartido polo mestre Harvey G. Phillips e realizou numerosos cursos de perfeccionamento de metais, composición e dirección de orquestra e banda con mestres como Miguel Torres, Enrique Ferrando, Walter Rand Stormont, Mel Culbertson, Miguel Navarro, Henrie Adams, Aldo Ceccato, Helmuth Rilling, Francisco Grau Vergara, Bernardo Adam Ferrero, Manuel Hernández Silva, Tristán Murail, Magnus Linberg, Antón García Abril, etc….

É autor de numerosas obras e arranxos orquestrais para banda de música e diversos grupos instrumentais, entre os que cómpre destacar as súas composicións para coro e banda de música sobre poemas de destacados poetas galegos: Soneto á Terra Chá, de Xosé Chao Rego; Rosas e A Saleta, de Manuel María; Apreixar o Vento, de Marta Dacosta, etc…, así como adaptacións para banda sinfónica e coro de obras tan coñecidas como a Negra Sombra de Rosalía de Castro ou Lela de Castelao.
Realizou concertos fora das nosas fronteiras como e o caso de Monçao (Portugal), onde participa no II Festival Ibérico de Bandas de Música, ou Frederikssund (Dinamarca), onde realizou un importante intercambio cultural, actuando en diversos lugares como a Embaixada de España en Dinamarca na fermosa cidade de Copenhague. Realiza tamén numerosas gravacións para programas da T.V.G. e da Radio Galega.
Dirixe a representación da Historia do Soldado de Igor Stravinski, nunha adaptación ao galego con representación teatral no Auditorio de Galicia en novembro de 2003 e en abril de 2006 co grupo de teatro Berrobambán, con Paula Carballeira como narradora e en febreiro de 2008 en colaboración co grupo de teatro Santart, con Teo Santart como director de escea.
En 2005 resulta seleccionado para facerse cargo da posta en marcha da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares, coa que desenvolve unha intensa actividade dentro e fóra de Galiza.

É titulado superior na especialidade de Tuba e de Dirección de Orquestra e tamén realiza estudios de Pedagoxía na USC.
Na actualidade é tuba e xerente da Banda Municipal de Santiago de Compostela, director da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares e tuba do Grupo de Metais de Galicia.


CARLOS DIÉGUEZ BELTRÁN



Nace en Monforte de Lemos no 1980. É licenciado en trombón de varas, así mesmo obtén o Diploma e a Licentiate in Music Direction na especialidade de “wind band”, pola A.B. of the Royal Schools of Music de Londres. Actualmente prosegue estudios de dirección no ISEB (Instituto Superior Europeo Bandístico) en Trento, Italia.
Como instrumentista formou parte da European Union Youth Wind Orchestra, Banda de Sober, Banda da Trofa (Portugal), Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas ou a Banda Artística de Merza entre outras.
Como director estivo ó frente da Banda de Música de Sober, Nova Banda de Vilatuxe ou a Municipal de Guitiriz.
Como director convidado dirixe bandas profesionais, de universidade, conservatorio, populares,... como a Banda Nacional de San José (Costa Rica), Banda Provincial Ciudad de La Habana (Cuba), Banda Sinfónica de la Universidad de La Laguna (Tenerife), Banda Sinfónica do Conservatorio Profesional de Música de Ourense, Banda Sinfónica de la Facultad de Filosofía y Letras de la Universidad de Buenos Aires, Banda Velha Uniao SanJoanense (Portugal),...


Frecuentemente imparte diversas conferencias sobre a historia das bandas no mundo, o oficio de director ou psicopedagoxía do maestro; así tamén foi invitado a participar como congresista no “I Festival Internacional de Bandas Sinfónicas y Ensambles de la Ciudad de Buenos Aires”.


Carlos Diéguez impartiu ademais no estranxeiro seminarios de dirección de banda no Conservatorio Superior “Manuel de Falla” de Buenos Aires e na Escuela de Bandas “Gonzalo Roig” de Ciudad de La Habana.Entre os concertos maís emotivos figura a dirección do concerto oficial da conmemoración do centenario do Himno Galego, en decembro do 2007 no Teatro Fausto de La Habana baixo a batuta da Banda Nacional de Conciertos de Cuba.
Outras facetas profesionais levano a coordinar o 1º e 2º Congreso Internacional de Bandas e o seu homólogo Concurso de Composición Iberoamericano, transcribir música de Banda para a Editorial galega "Dos Acordes", ou a de crítico musical nos Festivais de Bandas portugueses "Filarmonía ao máis alto Nível". En outono do 2009, verá á luz o seu primeiro libro sobre o oficio de director de banda.


Carlos Diéguez é director asociado da WASBE (World Association for Symphonic Bands and Ensembles) e desde xullo do 2007 é o director titular da Banda de Música de Ortigueira, así mesmo dende o 2008/09 exerce como director da Escola Municipal de Música do Concello de Ortigueira.