viernes, 12 de septiembre de 2008

ACTAS DO 1º CONGRESO INTERNACIONAL DE BANDAS



ACTAS DO 1º CONGRESO INTERNACIONAL DE BANDAS “VILA DE ORTIGUEIRA” 2008 (En gallego; en breve se publicarán en español)

En Ortigueira durante os días 11,12 e 13 de abril do 2008 celebrouse o 1º Congreso Internacional de bandas organizado pola Concellería de Cultura e a Banda de Música de Ortigueira no que participaron poñentes vidos de nove países. A importancia do contido do evento así como dos seus participantes xunto co paralelo concurso iberoamericano de composición que se organizou desde a Vila de Ortigueira supón un novo horizonte para as bandas de música, un intercambio de culturas, experiencias, repertorio, colaboracións internacionais, así como demais temas tratados do interese de todos os músicos,directores e presidentes de banda.

Neste 1º congreso inscribíronse un total de 44 participantes, dos que se incluían músicos da banda local, empresarios, músicos doutras bandas e directores vidos desde Andalucía, Madrid ou Castela A Mancha; todos eles en maioría aos 4 directores de banda galegos asistentes ó evento.

A vistas xerais o Congreso consistiu e tratou os seguintes temas:



XOVES 11 DE ABRIL




1) Reunión WASBE- FGBMP
Proposta pola organización do evento, o xoves 10 de abril celebrouse unha reunión en Santiago entre a Federación Galega de Bandas e a Asociación Mundial de Bandas (WASBE), representadas por José Ramón Quinteiro e Gustavo Fontana, directivo da WASBE. A mesma reunión acudiron Dr. Richard Miles e (Morehead University,USA) e Carlos Diéguez (coordinador do evento). Na reunión tratáronse posibles colaboracións entre as asociacións que de levarse a cabo suporían unha axuda e apoio importante as bandas galegas.



VENRES 12 DE ABRIL




2) FALLO DO TRIBUNAL DO CONCURSO IBEROAMERICANO DE COMPOSICIÓN
O venres 11 de abril pola mañá reuniuse o tribunal do concurso para fallar o premio. Despois de recibir as obras un mes antes e tras estudalas ditáronse as conclusións sobre os traballos presentados.

3) “El oficio de director de banda” (Labor del director, técnicas de ensayo, del estudio de la obra a la ejecución,…)
Celebrouse un panel de dúas horas onde os directores convidados explicaron o seu sistema de traballo, a súa visión sobre as partituras, técnica, warm-ups, afinación,… así como contestaron as preguntas formuladas polos asistentes.
Os participantes no panel foron: Gustavo Fontana (Universidad de Buenos Aires, Argentina), Daniel Leskovich (Asesor da Música de vento do Ministerio de cultura de Eslovenia), Jesús Ignacio Pérez Perazzo (Banda Sinfónica Simón Bolivar, Venezuela), Richard Miles (Morehead State University, USA), Marcel van Bree (Banda Municipal de A Coruña, Holanda), Esteban Quesada Calderón (Banda Prov. Ciudad de La Habana, Cuba) e Carlos Diéguez (Banda de Ortigueira) como moderador.

4) Presentación en España da colección de libros para directores de bandas “Teaching Music”, por Richard Miles (Co-autor dos libros).

O reputado e premiado mestre norteamericano presentou unha “enciclopedia de banda” de 7 volumes, xunto a dous específicos de banda xuvenil e un de Marching Band no que se inclúen máis de 1000 análises de obras para banda, consellos prácticos para directores, técnica, aspectos psicolóxicos, técnicas de ensaio, warm-ups, historia do repertorio, … unha colección imprescindible para calquera mestre da que se levan vendidos no mundo máis dun millón de exemplares.

5) Presentación en España del método para banda infantil y juvenil “Yamaha Advantage”, por Gustavo Fontana (Argentina).
Outra presentación en España do novo método Yamaha para Banda. É o método para banda xuvenil máis usado en USA e con resultados contrastados. Decir que dende o primeiro día os nenos tocan en grupo, que consta de tres volúmenes por instrumento e que conteñen un Cd cada un, para que os nenos practiquen na casa co acompañamento da banda.

6) Inauguración e visitas ós Stands de Yamaha, Lusitanus Ediçoes, Tierolff e Piles Música.
Situados no Claustro do Concello e na entrada o teatro, os visitantes puideron contemplar durante os tres días as novidades no sector editorial e levar consigo agasallos como partituras e Cds dos nosos patrocinadores.

7) Ensaio en aberto da Banda de Música de Ortigueira.Incluíu exercicios de quentamento para banda por Carlos Diéguez, presentación práctica do método Yamaha Advantage por Gustavo Fontana e ensaio xeral e pedagóxico con Richard Miles e Gustavo Fontana.

Sábado 12 de Abril




8) Presentación do libro “Las Bandas: Semblanza de una Gran Historia”, por Jesús Ignacio Pérez Perazzo (Venezuela), autor do libro.

O mestre Perazzo, director da Banda Sinfónica Juvenil Simón Bolivar de Caracas presentou no Congreso o seu libro sobre a historia das bandas no mundo, a súa evolución así como as funcións e importancia das mesmas en distintas épocas da humanidade. Un completo traballo de investigación que nos leva ó orixe mesmo das nosas agrupacións.


9) Conferencia sobre a Evolución Histórica das Bandas en Venezuela ata a actualidade

Jesús Ignacio Perez-Perazzo profundizou nunha completa conferencia sobre a evolución das bandas venezolanas desde a súa tradición popular ata o Sistema Nacional Venezolano de Orquestras e Bandas Xuvenís. O mestre venezolano proxectou o filme “Tocar y Luchar” o cal describe a perfección o que despois de 30 anos en funcionamento denominan “sistema” e que en resume é a organización de máis de 300 orquestras e bandas de Venezuela con 400.000 músicos. Os resultados deste proxecto, o seu ámbito social e humano convértenos nun referente de futuro e de espírito a seguir por todos. Semanas despois da presentación en Ortigueira deste Plan Nacional de Música, fallouse o premio Príncipe de Asturias de las Artes 2008 o cal lles foi concedido ás Orquestras e Bandas de Venezuela: “o sistema”.
Este premio reflexa a importancia dun plan nacional para a música e que inclúe tamén ás bandas.

10) As Bandas de Música en Arxentina e o Plan Nacional de Música, por Gustavo Fontana
O mestre Gustavo Fontana é un referente a nivel mundial e impulsor das bandas de música en America Latina. Fontana é un enorme profesional capaz de dirixir ó máis alto nivel profesional como director da Banda Sinfónica da Ciudad de Buenos Aires (da que foi titular), da Orquestra de Cámara de Buenos Aires (da que é titular) así como de traballar ó máis nivel amateur para que nos colexios arxentinos se creen bandas, fundar a Banda Sinfónica da Universidade de Filosofía e Letras, crear o 1º Festival de Bandas de Arxentina así como mil facetas que nunhas liñas é imposible de narrar a gran labor desenvolvida por este gran profesional e persoa.
Dentro dos seus últimos méritos destaca a creación do Programa de Ensambles Musicales Infantiles y Juveniles, que neste primeiro ano (2008) traballa na Cidade de Buenos Aires con 20 proxectos de novas bandas cun programa claro de obxetivos e contidos que prevé para os vindeiros anos distintos festivais así como concursos, seminarios e congresos.
A Escola de Música de Ortigueira levará a cabo un proxecto social e musical “Música para a Vida” coa colaboración internacional deste Programa Nacional de Bandas.

11) As Bandas de Música en Holanda, por Marcel van Bree
O mestre holandés e director titular da Banda municipal de A Coruña, Marcel van Bree, impartiu unha interesante conferencia sobre a evolución das bandas no seu país ata a actualidade así como a propia evolución dos compositores,os concursos de bandas e os aspectos organizativos das mesmas. Repartiu ademais unha completa guía sobre as editoriais holandesas, sobre que xéneros traballan e enfoque musical dos seus compositores.

12) Masterclass de trompeta con Vicente Campos. (Na Escola de Música e en aberto para tódolos músicos) Sede IV
Grazas ó patrocinio e colaboración de Yamaha Música Ibérica poidemos contar co profesor de trompeta do Conservatorio Superior de Castellón o cal durante a tarde do sábado ofreceu clase a tódolos participantes sendo moi produtiva e coa participación de máis de 15 alumnos ós que se sumaron algúns directores interesados en coñecer máis sobre a técnica da trompeta.

13) A empresa Cardoso e Conceiçao e a súa relación coas Bandas Filarmònicas, por Mario Cardoso (Portugal)

Se alguén cambiou o panorama bandístico en Portugal, este é o músico e empresario portugués Sr. Cardoso. Unha conferencia espectacular sobre claves de ventas e modelo de empresa da que os asistentes empresarios de tendas de música galegos tomaron boa nota. Nesta charla profundizou ademais na realidade e tradicións das bandas do Portugal así como as posibilidades que ofrece internet para as bandas. Páxinas auspiciadas pola súa empresa como bandasfilarmonicas.com, (da que ten ata un pasodobre adicado), o palaciodosmusicos.com e a creación da primeira banda do mundo a través dun foro son outros grandes éxitos do mecenas portugués das bandas filarmónicas.

14) A Fabricación de instrumentos Yamaha, por técnicos de Yamaha Música Ibérica.

A empresa Yamaha ofreceu unha conferencia sobre a filosofía de traballo da empresa, a fabricación dos instrumentos e todos os servizos post venta que ofrecen.
Coa exposición en Power-point e a proxección de videos tódolos asistentes puideron coñecer cales son os procesos de fabricación dos instrumentos da banda así o seu proceso ata chegar á tenda de música. Unha interesante conferencia que aclarou dúbidas sobre o mantemento e coidado dos instrumentos.

15) Concerto da Banda de Música de Ortigueira cos directores invitados: Gustavo Fontana e Richard Miles.

Despois duns exercicios de quentamento para banda “warm-ups” por Carlos Diéguez a Banda de Música de Ortigueira coa colaboración de músicos becados polo congreso ofreceron un programa de concerto cós prestixiosos directores vidos desde Kentucky e Buenos Aires: Dr. Richard Miles e Maestro Gustavo Fontana. O programa adicado na súa totalidade a compositores americanos foi o seguinte:



I
A Festival Prelude ……………………………… Alfred Reed
With Quiet Courage ……………………………… Larry Daehn
Cajun Folk Songs …………………………………………. Frank Ticheli Yorkshire Ballad ……………………………………………James Barnes The Echo Never Fades …………………………………David Gillingham
Director convidado: Dr. Richard Miles
II
To set the darkness echoing ……………………………….Dana Wilson
Watchman, Tell us of the Night …………………………..Mark Camphouse
La Tumba de Alejandro García Caturla ………………… Shelley Hanson
Director Convidado: Maestro Gustavo Fontana



Domingo 13 de Abril



16) As Bandas de Música en Eslovenia, a Federación Eslovena de Bandas, concursos e organización interna, por Daniel Leskovich (Slovenia)

O Asesor Musical para a música instrumental de vento do Ministerio de Cultura de Eslovenia explicou todos os impresionantes contidos e actividades organizadas neste país do este de Europa. Poden ser descoñecidas para a maioría estas bandas de música, pero certo é que neste pequeno país atópanse as bandas de música máis antigas do mundo con máis de 400 anos de actividade ininterrompida. En canto ós certames Leskovich explicou que se diferencian dos españois entre moitas cousas en que as categorías non están basadas no número de compoñentes senón na dificultade técnica das obras, dos que os participantes escollen dunha lista as obras a interpretar ou que cinco anos sen participar nun concurso descéndese de categoría, isto sumado a que existen concursos desde desfile a solistas e unha organización profesional a nivel nacional no apoio das bandas.

17) The American Wind Bands, por Richard Miles (USA)

O complexo mundo das bandas norteamericanas foi explicado con toda claridade polo mestre da Universidade de Morehead, Dr. Miles. A conferencia tratou contidos diversos sobre o funcionamento e organización das bandas neste país, desde as escolares ás de instituto, (das que destas hai máis de 50000 bandas ), as de universidade, comunitarias ou profesionais nun país que engloba a diferentes estados e cunha gran extensión. Así mesmo detallou os diferentes tipos de asociacións de banda que existen, os compositores máis destacados, a evolución do repertorio desde Frederick Fenell por encargo de obras orixinais na Universidade de Rochester ata o panorama actual nun país no que fotocopiar unha obra de banda está penado ata con 10000$ de multa.

18) O modelo das Bandas Universitarias e de Conservatorio en Arxentina, España e Estados Unidos, por Sergio Armas (Universidad de La Laguna), Vicente Campos (Director do Conservatorio Superior de Castellón), Gustavo Fontana (Universidad de Buenos Aires) e Richard Miles (Morehead State University). Moderador: Carlos Diéguez.

Unha conferencia apaixonante que debateu sobre as diferenzas entre os modelos de ensinanza entre estes tres países. En España non existen salvo excepcións Bandas Universitarias por que o noso modelo de ensinanza está basado nos conservatorios, non así en USA no que o conservatorio que coñecemos está integrado na Universidade. En Arxentina e por influencia española sucede o mesmo que no noso país pero creáronse proxectos interesantes como a Banda Sinfónica da Universidade de Buenos Aires formada por músicos profesionais ou que estudan estudios superiores. En referencia ós conservatorios o director do Conservatorio Superior de Castellón expuxo a súa opinión sobre o modelo de ensinanza autonómico español así como das funcións que desempeñan e as que deberían de facer as agrupacións sinfónicas nos conservatorios e o funcionamento en particular do seu centro.
19) Fallo público e coñecemento dos gañadores do I Concurso Iberoamericano de Composición para Banda de Música “Vila de Ortigueira”

O concurso paralelo ó congreso tivo un gran éxito desde a participación dos compositores a das bandas xa que as obras gañadoras están programadas en diversos países.

O tribunal estivo formado por:

Presidente: Dña. Mary Cruz Sabio (Concejal de Cultura)Secretaria: Dña. María José Pérez Pérez (Secretaria de la Escuela Municipal de Música)D. Gustavo Fontana (Argentina)D. Richard Miles (Estados Unidos)D. Jesús Ignacio Pérez Perazzo (Venezuela)D. Marcel van Bree (Holanda)D. Daniel Leskovich (Eslovenia)D. Carlos Diéguez (España)
Despois de estudar as 18 obras chegadas desde 7 países decidiron conceder os premios a:
1º PREMIO: Ecos de un Mundo Distante de José Miguel Fayos Jordán (Chella,Valencia)2º PREMIO: Círculo Azul de David Cuevas Sánchez (Galicia,España)3º PREMIO: El Reino de Granada de Miguel Oscar Musso Buendía (Granada,España)

A obra gañadora foi estreada pola Banda Municipal de A Coruña baixo a dirección do seu titular, D. Marcel van Bree o 18 de maio do 2008 no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.

20) As Bandas de Música no mundo, proxectos e planes nacionais de relevancia, por Carlos Diéguez (Director Banda de Ortigueira)
Neste 1º Congreso quixemos dar a coñecer o maior número de plans nacionais de bandas para así nun 2º congreso e xa coñecido o panorama mundial das mesmas, profundizar noutros aspectos. E pois que nesta conferencia presentáronse os proxectos de Costa Rica (unha dirección xeral de bandas que alberga as sete bandas profesionais do país desde 1863 cuns criterios claros) o proxecto Música para la Convivencia de Colombia (co que se reduxo nun 20% os índices de delincuencia infantil e o cal engloba a unha enorme cantidade de músicos e bandas escolares) ou a situación das bandas en Asia, especialmente en Xapón grazas a colaboración de Toshio Akiyama que nos achegou os datos precisos para abordar con coñecemento a situación real do país nipón cunha gran influenza norteamericana.

21) As Bandas de Música en Cuba. As Escuelas de Bandas, por Esteban Quesada, departamento de desarrollo artístico del Instituto Cubano de la Música, director da Banda Provincial Ciudad de La Habana.

Sen dúbida algunha o maior expoñente e responsable das bandas cubanas, o mestre Quesada Calderón deu a coñecer a situación no que se atopan as bandas da illa caribeña. A parte das bandas profesionais civís e militares desde o 2004 están fundando bandas de música co obxectivo de que exista unha banda en cada municipio da nación. En catro anos xa fundaron 100 agrupacións. A forma de conseguilo é moi intelixente e organizada: dunha escola de bandas saen de dúas a catro bandas para os municipios máis pequenos polo cal se multiplican. Os alumnos deste proxecto pasan tres anos nunha escola internados de luns a venres, recibindo clases dos profesores das bandas profesionais da súa rexión, sen televisión nin videoxogos, estudando todo o día o instrumento e co compromiso de que cando acaben os seus estudios non van ter que buscar traballo senón que pasarán a ser contratados ben como profesores de novas escolas ou como músicos de bandas profesionais. Un plan impresionante nun país sen recursos económicos pero si sociais pero que é difícil de encadrar noutra rexión.

22) ¿Qué é a WASBE?, Proxectos e obxectivos da Asociación Mundial de Bandas e Ensambles, por Gustavo Fontana; directivo de la WASBE

O mestre arxentino elixido nas urnas polos membros da WASBE como directivo ata o 2011 detallou con claridade e precisión todo o que engloba a asociación mundial de bandas. A asociación mundial de bandas conta con socios de máis de 50 países dende directores, presidentes de bandas ata simplemente apaixoados polo mundo bandístico. Fontana explicou os proxectos da WASBE como as conferencias bianuais (a próxima en Cincinnatty no 2009), o boletín de noticias trimestral da asociación, os seminarios de dirección e de composición, o encargo de obras pola asociación, festivais de bandas, intercambio de bandas e de músicos,…

23) As Bandas de Música nas Illas Canarias, por Sergio Armas (Canarias)

A conferencia do xerente da Banda Sinfónica Universitaria de La Laguna foi canto menos realista pois a situación actual das Bandas Canarias é complicada. Se ben trunfan algúns proxectos o panorama non é prometedor. Sete illas integran o insulado no que si que se atopan músicos (só no Conservatorio medio de Tenerife hai 3 bandas con 60 músicos cada unha) pero non contan cun apoio institucional relevante. Hai dúas federacións insulares, unha banda de federación e novos modelos de banda municipal non profesional no que o director é contratado polo concello. Os prezos de desprazamento entre illas así como a desaparición dalgunhas bandas ou o escaso apoio xeral a estas agrupacións limitan o avance das bandas isleñas.

24) Presentación de “Novedades Piles para banda 2008” (Sede I)

Frank de Vuyst e Jesús Piles expuxeron e deron a coñecer un completo catálogo bandístico desta reputada e internacional editorial española. Expuxéronse as novidades deste ano 2008 e todos os directores asistentes a través de guións facilitados pola editorial puideron seguir as obras ó mesmo tempo que soaban fragmentos das partituras expostas.
25) Visita a los stands de Yamaha, Lusitanus Ediçoes, Tierolff y Piles Música (Sede III) Stands abiertos hasta el cierre del Congreso.
26) Concierto de Clausura por el ensamble contemporáneo “SWITCH” (saxos, cello y percusión) SEDE II

O ensamble contemporáneo galego formado por Emilio José Vázquez Rodríguez (Saxos), José Benito Torres González (Violoncello) e José Manuel Taboada Seoane (Percusión) ofreceron un completo concerto no Teatro da Beneficencia no que se incluía música de estreo, así como un variado repertorio contemporáneo que destacaba pola súa gran dificultade interpretativa.