miércoles, 20 de febrero de 2008

SWITCH, cerrará el congreso con un concierto.

El ensemble contemporáneo SWITCH, pondrá el cierre de lujo con un concierto al Congreso Internacional de Bandas y Ensembles "Vila de Ortigueira". La decisión de incluirlos en el programa se basa en su alta calidad interpretativa, su afán por difundir las obras de nuevos autores, el encargo de diversos trabajos escritos especialmente para ellos así como haber formado parte en su día de bandas de música de Galicia y contribuido en diversos proyectos educacionales de formación musical de sus integrantes.

Programa orientativo del concierto:

A. Vustin - Musique pour l´ange, E. Denisov - Sonate, E. Calandín - Tres Haikus* (Estrea absoluta), R. Lazcano – Hodeiertz, M. Lindberg - Ablauf.

CURRICULUM DEL GRUPO

Ensemble modulable de reciente creación, compuesto principalmente por Emilio Vázquez (saxos), J. Manuel Taboada (percusiones) y J. Benito Torres (violoncello). Este ensemble no es una formación cerrada, la inclusión de otros instrumentos y las distintas combinaciones surgidas dan lugar a una infinidad de formaciones tan originales como sorprendentes. En los conciertos se puede escuchar desde música a solo, hasta las más diversas mezclas de familias intrumentales. Debido a su carácter multinstrumental todos los estilos tienen cabida en este ensemble capaz de llegar al más variado y exigente público. Este ensemble supone una buena herramienta de trabajo para los compositores, algunos de los cuales ya se han interesado por esta formación (estrenando obras) gracias a las interesantes características que pueden llegar a desarrollar.

EMILIO JOSÉ VÁZQUEZ RODRÍGUEZ
(SAXOS)

Nace en Ourense e inicia os seus estudios musicais a idade de 9 anos. Comeza cursando estudios no Conservatorio Profesional de Música de Ourense onde obtén o título de profesor de saxofón e máis tarde continúaos no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, onde baixo a tutela de Narciso Pillo obtén o título de profesor superior de saxofón. Posteriormente continúa a súa formación asistindo a distintos cursos de perfeccionamento e seminarios de saxofón impartidos con J. Franco, N. Pillo, C. Delangle, A. Gomis e M. B. Charrier. Tamén realizou varios cursos de teoría da música e análise con A. Charles Soler. Foi profesor en varias escolas de música e dende o ano 1999 pertence por oposición ó corpo de profesores de música e artes escénicas. Actualmente desenrola a súa actividade como docente no Conservatorio Profesional de Música de Ourense onde ademais exerce como xefe de estudos. Realiza numerosos concertos tanto en solitario como en diferentes agrupacións camerísticas incluindo instrumentos tan diversos como o violoncello, percusión e piano. Actualmente é membro dos grupos “Sticksax”, “Sacxello” e “Switch”. Grazas a súa inquietude por enriquecer o repertorio para o saxofón, estrea diversas obras para o instrumento froito do contacto con varios compositores. Realizou gravacións para a Radio Galega e Así mesmo, participa xunto co pianista P. Diago na grabación dun disco compacto con numeroso repertorio de saxofón nun proxecto pedagóxico desenrolado a través do CEFORE e destinado ao alumnado de grao profesional.

JOSÉ BENITO TORRES GONZÁLEZ
(VIOLONCELLO)

Nado en Ourense en 1984, estudia no conservatorio de dita cidade obtendo o título de profesor coas máximas cualificacións, posteriormente trasládase ó Conservatorio Superior de Música de A Coruña onde remata os seus estudios. Foi alumno da Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia e da Escola de Altos Estudos Musicais dependente do IGAEM. Continúa a súa formación con profesores do prestixio de V. A. Gil Serafín, D. Sebestik. V. Sarkissov, L. Claret. Actualmente estuda con B. Switalska e atópase realizando un curso de Postgrado co profesor M. Cervera. Ten colaborado ca Orquestra Real Filarmonía de Galicia e en numerosos concertos tanto de música de cámara coma de solista organizados pola Escola de Altos Estudios Musicais, así como nos concertos de orquestra e música de cámara organizados pola Xoven Orquestra Sinfónica de Galicia. No ano 2006 ingresa na Joven Orquesta Nacional de España realizando unha xira por Alemaña. Foi dirixido por mestres da talla de J. Ross, P. Rizzo, R. Gimeno, L. Koler, A. Ros Marbá, M. Zumalave, R. Barshai, actuando en salas como Auditorio de Galicia, Palacio da Ópera da Coruña, Palau da Música de Valencia, Konzerthaus de Friburgo e Konzerthaus de Berlín. E membro reserva da Xoven Orquestra da Unión Europea. Como docente impartiu clases no Conservatorio Superior de Música de A Coruña e actualmente desempeña a súa labor como profesor numerario no Conservatorio Profesional de Música de Ourense.

JOSÉ MANUEL TABOADA SEOANE
(PERCUSIÓN)

Inicia os seus estudos musicais na a Escola Municipal de Música de Silleda, continuándoos máis tarde no Conservatorio de Grao Medio de Lalín. No ano 2002 obtén unha beca da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e actualmente remata estudos de percusión no Conservatorio Superior de Música de A Coruña. Asistiu a cursos de perfeccionamento con percusionistas como: Juanjo Guillem, César Péris, Miguel Bernat, Manel Ramada, Ludwig Albert, Nick Woud ó Nancy Zeltsman. En canto á súa experiencia profesional actuou, entre outros: co Denner Ensemble de clarinetes (grupo de clarinetes do conservatorio de Lalín); con grupos de percusión como Axóuxere da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia, e Kosmik (cuarteto de percusión de Conservatorio Superior de A Coruña). Colaborador habitual da Banda Municipal de A Coruña así como das Bandas Municipais de Santiago, Ourense e Lalín. Actuou con diversas orquestas como a Real Filarmonía de Galicia, a Orquestro Sinfónica de Melide ou a Orquesta Sinfónica de Venspiels (Letonia). Como profesor impartiu clases nas Escolas Municipais de Música de Lalín, Cruces e Arca e nos Conservatorios de Música de Vilalba e Melide. Actualmente é profesor no Conservatorio Profesional de Lalín e no CPR Obradoiro de A Coruña.